Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS GALEGAS 2009

Quintana pacta coa UPG unhas listas que deixan fóra os críticos

O partido que dirixe Francisco Rodríguez mostra a súa hexemonía ao situar dous militantes como cabeza de cartel e outros tres en segundos postos.

R.V - 20:45 29/12/2008
Tags: BNG listas

Tal e como se agardaba, as dúas grandes liñas políticas do BNG (a UPG e o denominado “quintanismo”) coparán as listas ao Parlamento. A Executiva Nacional aprobou este sábado uns nomes que deberán referendar agora as asembleas comarcais (onde non se agardan cambios). Nas candidaturas destaca a presenza de cargos do Goberno (todos os conselleiros agás a de Cultura, Ánxela Bugallo) e unha medida distribución territorial.

A UPG mostra internamente a súa musculatura. O partido que dirixe Francisco Rodríguez sitúa dous cabezas de lista (Fernando Blanco e Suárez Canal) e posiciona outros tres militantes en segundos postos (Ana Pontón, Henrique Viéitez e Tareixa Paz). Unha análise en clave interna de todas as candidaturas mostra unha lixeira vantaxe da UPG sobre o denominado “quintanismo” (un conglomerado que engloba organizacións autónomas como o PNG-PG, Inzar e o Espazo Socialista Galego).

Pola súa parte, os denominados sectores críticos (Encontro Irmandiño e Movemento pola Base) fican completamente excluídos das listas. A corrente liderada por Xosé Manuel Beiras propuxo oito nomes  (ligados a unha proposta programática de mínimos) que finalmente non foron aceptados internamente.

A Coruña

O líder do BNG, Anxo Quintana, encabezará a circunscrición coruñesa. Na lista proposta pola Executiva figuran logo, por esta orde: Ana Pontón (Compostela); Carlos Aymerich (A Coruña); Ana Luísa Bouza (A Coruña); Fernando Blanco Parga (Ferrolterra); Pura Ferreño Fraga (Betanzos); Manuel Antelo Pazos (Terra de Soneira); Dominga Brión (Barbanza); Xosé Regueira Varela (Bergantiños); Charo Fernández Velho (Ordes); Manuel González López (Muros-Noia); Anabel Ramos Rúa (Arzúa-Melide); Armando Carril Casanova (Arzúa-Melide); Xulia Guntín (Compostela); David Pena Díaz (A Coruña); Rita Couto Seixido (Fene); Iago Varela Martínez (Ferrolterra); Ana Vérez Gómez (Ferrol); Ramón Veras Castro (A Coruña), Dores Torrado Ares (Boiro); Óscar Ínsua (Corcubión); Ánxela Franco (Porto do Son); Mercedes Vidal Baamonde (Ames) e Pablo González Mariñas (A Coruña) .

Pontevedra

A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas (quintanista), lidera a lista por Pontevedra. A continuación figuran os seguintes nomes: Henrique Viéitez Alonso (Vigo); Carme Adán (Vigo); Bieito Lobeira (Marín); Carme Dasilva (Pontevedra); Xosé Ramón Paz Antón ( O Condando); Montse Prado Cores (O Salnés); Roberto Mera (O Condado); Iria Aboi (O Morrazo); Xosé Manuel Méndez Díaz (Baixo Miño); Susana Rodríguez Cambón (Deza); Roberto Fernández Lores ( O Salnés); Margarida Caldas Moreira (Pontevedra); Xosé Manuel Martínez Ollea (Mos); Marta Dacosta Alonso (Vigo); Uxío Piñeiro Costa (O Morrazo); Cristina Fernández Piñeiro (Gondomar); Alberte Maceira (Deza); Elsa Quintas (Vigo); Ramón Mouriño Alfonso (Ribadumia); Ánxela Sobral (Soutomaior); e Modesta Riobó (Moaña).

Lugo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco (UPG), será o primeiro da lista por Lugo. Logo del figuran: Isabel Sánchez Montenegro (Lemos); Manuel Parga (A Mariña); Esther López Rodríguez (Terra Chá); Balbino Fernández López (A Mariña); Cristina Ferreiro López (Lugo); Xosé Manuel Becerra Pardo (Baralla); Dores Fernández Abel (A Mariña); Xosé Antón Ledo Pan (Taboada); Lucía López Sobrado (Sarria); Xerado López Henríquez (A Mariña); Pilar Prieto Pita (Terra Chá); Xosé Chorén Vázquez (Lugo); Pilar López Martínez (Lemos); e Francisco Rodríguez Guerreiro (A Mariña).

Ourense
O titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal (UPG), é o elixido para capitanear a circunscrición ourensá. Detrás estarán na lista: Tareixa Paz (Barbadás); Iago Tabarés (Ourense), Isabel Gacio Pacios (Valdeorras); Anxo Collarte ( O Ribeiro); Tareixa Devesa Graña (Allariz); Óscar Núñez Álvarez (Monterrei); Concha Branco Piñeira (Monterrei); Manuel Amil Otero (O Carballiño); Alba Feixoo López (Allariz); Leopoldo Rodríguez Puga (Celanova); Marta Arribas González (Ourense); Ramiro Sánchez (O Carballiño); e Susana Méndez Rodríguez (Valdeorras).


3,52/5 (29 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A UPG, que este outono celebrou congreso, sae reforzada con respecto aos comicios de 2005
A UPG, que este outono celebrou congreso, sae reforzada con respecto aos comicios de 2005
Anxo Quintana, Teresa Táboas, Isabel Sánchez e Carlos Aymerich serán as principais bazas do "quintanismo"
Anxo Quintana, Teresa Táboas, Isabel Sánchez e Carlos Aymerich serán as principais bazas do "quintanismo"
Ana Pontón convértese nun dos principais valores da UPG, que opta por situala por detrás de Quintana na Coruña
Ana Pontón convértese nun dos principais valores da UPG, que opta por situala por detrás de Quintana na Coruña
O Encontro Irmandiño, liderado por Beiras, e o Movemento pola Base quedan fóra das listas
O Encontro Irmandiño, liderado por Beiras, e o Movemento pola Base quedan fóra das listas