Até o 10 de xaneiro 'Nouvelle Cuisine' presenta o seu álbum 'De Memoria' en Vigo, Donostia, Barcelona e A Coruña.
De Memoria foi gravado nos Estudios Treboada da Coruña, coa produción de Paco Liaño e preséntase co deseño de Guillermo Arias. Sucedeu a Autoeditado (2007), o seu primeiro disco, tamén con pequenas historias e delicadas melodías pop, con temas como Mapa, Aritmética Polar, La Fuga ou a versión de Andrés Dobarro Pandeirada. Previamente, o trío editara dúas maquetas: Muy Hecho (2004), La Merienda (2005), Bob e Nouvel Essai.
Guía de concertos
Sábado, 3 de xaneiro. Donostia: DOKA (21.00, 5€)
Luns, 5 de xaneiro. A Coruña: Garufa. Con Athanasius Kircher (23.00, 5€)
Sábado, 10 de xaneiro. Barcelona: Tribbiani. Con Dotore (21.00)