Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resolución eólica

O proxecto vencellado ao traslado de Ence queda fóra

Unha das novidades dos datos coñecidos este venres é a falta de beizón para a sociedade constituída polos empresarios Manuel Jove, Jacinto Rey e Epifanio Campo.

Redacción - 17:15 26/12/2008

"Era un proxecto interesante, pero non acadou as esixencias", expuxo o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, ao respecto da iniciativa empresarial avalada polos tres xigantes empresariais galegos, Jove, Rey e Campo , asociados co proxecto que ía ao abeiro do traslado do complexo pasteiro de Lourizán da ría de Pontevedra.

A porcentaxe de participación pública que propoñían ceder estes empresarios, por baixo da media, e os proxectos industriais asociados que propoñían foron, segundo Blanco, os motivos polos cales a solicitude da sociedade bautizada Inveraban non pasou a peneira da comisión de valoración. Ao respecto do mesmo asunto, o vicepresidente Anxo Quintana aproveitou para indicar que se trata dun exemplo de "transparencia". "Os técnicos non len os xornais, len os proxectos", dixo Quintana ao fío da proxección mediática que tivo esta iniciativa en concreto.

O alcalde de Pontevedra lamenta o fracaso
Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor pontevedrés, cualificou de "moi mala noticia" o fracaso do proxecto asinado polo grupo Inveraban. "É o que ten un concurso público transparente e no que hai que cumprir uns requisitos", laiouse Fernández Lores.

Lores recoñeceu "normal" que non fose beneficiado un proxecto que non atendía aos requirimentos prioritarios do concurso. Con todo, afirmou estar sorprendido e "preocupado" pola nova, admitindo agardar que este proxecto empresarial puidese ter acelerado a saída de Ence da ría.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: