Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

68.000 Pta. por unha papeleira en Baiona.

O concello baionés ten previsto embelecer o aspecto das rúas da vila coa colocación de 300 papeleiras, polas que se pagarán perto de 68.000 pesetas. Sen embargo o custo será nulo para o concello xa que este conta cunha subvención do Goberno Central e da Unión Europea.

- 14:24 20/02/1999
Tags:

Trescentas papeleiras ten previsto instalar nos próximos meses o Concello de Baiona para embelecer o aspecto das súas rúas. Cunha subvención do Goberno Central e dos Fondos da Union Europea, o concello baionés instalará estas papeleiras cun aspecto de caracol mariño e polas que se pagarán perto de 68.0000 Pta. A instalación destes recolledores de lixo das rúas forma parte da campaña de investimento do concello que ten previsto gastar 150 millóns en deixar Baiona coma unhas das vilas mais fermosas do litoral galego. As papeleiras que son de cor verde, pesan 50 quilos o que desanimará de cargar co elas coma un recordo das vacacións. Ademáis do anecdótico capítulo das papeleiras, o concello de Baiona empregará o investimento de 150 millóns na pavimentación das rúas do casco vello, a recuperación duns muiños de auga e na elabouracion dun proxecto para a construcción dun campo de golf. Coma remate deste investimento o concello prevee editar guias turísticas que den a coñecer esta vila ós que ainda non se achegaron a ela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: