Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS

O número de accidentes laborais reduciuse un 13% con respecto ao ano anterior

Un informe da Consellaría de Traballo estabelece unha comparativa entre novembro deste ano e o mesmo mes de 2007.

Europa Press - 12:25 21/12/2008

Galiza rexistrou en novembro 3.747 sinistros laborais, un 13 por cento menos que no mesmo mes do ano anterior cando se cifraron 4.484, entre leves, graves e mortais. Segundo un informe emitido pola Consellaría de Traballo, A Coruña foi a provincia máis afectada polos accidentes durante a xornada laboral con 1.671 incidentes, seguida de Pontevedra, na que se contabilizaron 1.358. Pola contra, Ourense e Lugo foron as que menos accidentes rexistraron con 328 e 388, respectivamente.

 Por sectores, todos experimentaron descensos en canto ao número de sucesos durante a xornada laboral, agás nos de pesca e agricultura. Nos servizos (de 1.645 a 1.348), a construción (de 1.109 a 884) e a industria (de 1.521 a 1.263) diminuíron considerabelmente. En canto a gravidade, A Coruña foi a única provincia galega na que subiu o número de accidentes mortais como consecuencia das baixas no sector da pesca. En Lugo, Pontevedra e Ourense, non obstante, baixaron.

Datos de 2008
Entre xaneiro e novembro de 2008 producíronse en Galicia un total de 47.130 accidentes durante a xornada laboral. Deles, 67 tiveron resultado de morte, un 5,22 por cento menos que no mesmo período de 2007.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: