Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ÚLTIMO FOI EN 1993 ENTRE FRAGA E SÁNCHEZ PRESEDO

Touriño garante un debate televisado en plena campaña

O presidente da Xunta comprometeuse a discutir publicamente a tres bandas con Anxo Quintana e Núñez Feijoo.

Redacción - 14:30 20/12/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou este sábado en Compostela que non vai poñer ningún obstáculo a ter un debate televisado con Anxo Quintana e Núñez Feijoo durante a campaña electoral. O xefe do Goberno sinalou que a diferenza de cando estaba no poder o PPdeG “nesta ocasión as cousas van ser moi distintas”.

Touriño lembrou que cando se enfrontou en 2005 a Manuel Fraga non puido ter un debate a pesar de telo pedido reiteradamente. O presidente salientou que o desexábel é que estas confrontación de ideas sexa algo habitual cada vez que se acheguen uns comicios.

O anuncio fíxoo diante de 2.000 labregos que celebraban no Pazo de Congresos o 25º anivesario de Unións Agrarias. Ademais de Touriño tamén estiveron na celebración a ministra Elena Espinosa e o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco.

Quince anos despois volve a confrontación de ideas

Durante os 16 anos que gobernou Manuel Fraga tan só accedeu unha vez a enfrontarse nun debate televisivo. E fíxoo en 1993 contra o daquela candidato socialista, o betanceiro Antolín Sánchez Presedo. Dende aquela sempre se resistiu sutilmente a volver a enfrontarse aos seus rivais, aínda que sempre se coidou de non rexeitar contundentemente este tipo de debates.

En febreiro de 2007 houbo por primeira vez un debate a tres bandas dos líderes galegos, en plena campaña electoral española.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: