Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Botarán fóra 58 traballadores

Se hai subvención non hai despidos, ofrece a factoría Denso

A empresa produce sistemas de aire acondicionado para Opel e Citroën e asegura que retirará o proxecto de despido masivo se recibe axudas da Xunta.

Redacción / EP - 09:00 19/12/2008
Denso fabrica compoñentes para vehículos como os da imaxe

Denso fabrica compoñentes para vehículos como os da imaxe

Na actualidade, o equipo da factoría viguesa Denso está formado por máis de 190 empregados. Todos eles están de vacacións desde o venres pasado, agás unha pequena parte adicada a labores de inventariado. A data fixada para a reincorporación é o próximo 7 de xaneiro, coincidindo coa propia data marcada pola planta de Citroën para reiniciar a súa actividade.

Para daquela, a empresa deseñou un plan de despido masivo, Expediente de Regulación de Emprego (ERE), que prevé que saian fóra até 58 traballadores. Segundo explica o secretario do comité de empresa, Martín Ponte, e o representante da CIG, Xurxo González, o acordo estabelece a saída en concreto dos empregados das liñas de produción para a Opel. Despedimentos que se producirían entre decembro e xaneiro. Os traballadores recibirían así o soldo íntegro ao chegar ao paro, pagando o 70% a administración e o 30% a empresa.

Así e todo, a empresa comprometeuse a paralizar o ERE no caso de que o Goberno estabeleza finalmente un sistema de subvencións para o sector da automoción ao que poida optar a factoría. Aseguran desde a empresa que a primeira metade do ano podería implicar novos despedimentos debido á situación do sector.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: