O Teatro Principal de Santiago acolleu a cerimonia, no que os gañadores e finalistas das seis categorías do GZ Crea 2008 recolleron os seus galardóns.
A gala comezou coa proxección do primeiro premio da categoría de videocreación, Metamorfosis II de Sheila Pazos Silva. Logo tivo lugar a representación da obra de teatro gañadora nesa categoría, Presas, obra de Spasmo, do IES Santa Irene. Finalmente, tamén actuou o grupo gañador na categoría de musica, Projecto Trepia.
No transcurso da gala entregáronse ademais os premios aos gañadores de Gz Crea 2008 en seis categorías, xa que nas outras sete modalidades xa se foron entregando os galardóns en diferentes eventos. Os premios que se outorgaron no Teatro Principal corresponden ás especialidades de videocreación, música, relato, poesía, teatro e cartelismo. Para cada especialidade establecéronse tres premios, cun importe de 3.000 euros para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 euros para o terceiro clasificado.
Os premiados
En Videocreación, os gañadores foron:
1º Premio: Sheila Pazos Silva, de Pontevedra, pola obra Metamorfosis II
2º Premio: Alexandre Martínez Pérez, de Pontevedra, pola obra Projecto (Trepia)
3º Premio: Héctor Barandela , da Coruña, pola obra Pesadelo nocturno en 13591 cadros
Mención de honra: Lorena Terrón , da Coruña, pola obra Ego mortis e tamén tango.
En Música, concedéronse os seguintes premios:
1º premio: Projecto Trepia, de Pontevedra, polas cancións A roseira e Leghons
2º premio: Noise Project, de Valga, polas cancións II e A pedra de afiar
3º premio: compartido entre Os Gru, da Coruña,polas cancións As movies de Antón de Castro e Ti me soas e Anxo Graña, de Cangas do Morrazo, polos temas Bailadela e Saxos.
En Relato, os premiados foron:
1º Premio: Iria Ameixeiras Cundíns, de Zas, pola obra A confraría das palabras
2º Premio: Carmen Núñez Sande, de Muros, pola obra Sin título
3º Premio: Martina Vázquez Suárez, da Coruña, pola obra Muller en seis pezas
En Poesía, concedéronse os seguintes premios:
1º Premio: Lara Dopazo Ruibal, de Marín, pola poesía Dende Illa Peixe
2º Premio: Valentina Carro Padín, de Cambados, coa poesía Ciclopes Pintábanse con Rimmel e Saian Angulos
3º Premio: David Pérez González, da Pobra do Caramiñal, coa obra Poesía Primeira de Amor, Desamor e Arrefriado
Mención de honra: Xosé Daniel Costas Currás, de Moaña, pola poesía Revoluciona(Me)
En Teatro, os premiados foron:
1º Premio: Spasmo do IES Santa Irene, de Vigo, por Presas
2º Premio: Bicodobrelo, de Catoira, pola obra Comedia bífida
3º Premio: Andaravía Teatro da A.C. Papaventos, de Vedra, coa obra Metus Extremus
En Cartelismo, os premiados foron:
1º Premio: José Domínguez, da Coruña, pola obra Ven sentir o teatro
2º Premio: Antía Carbajo Area, de Pontevedra, pola obra Amósate
3º Premio: Bárbara Luísa Rodríguez Silva, da Coruña, pola obra Paso de creacións
Mencións de honra: -David Cuence Seijas, de Rois, pola obra Crea Gz
-Mónica Bastón Paz, de Pontevedra, pola obra Esperta a túa testa
-Ángel David Corral Rodríguez, de Ourense, pola obra Do que se come se cría