Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mái de 264 mil en todo o Estado

Sete milleiros de parados quedan fóra da estatística oficial

Buratos que deixan fóra do total de desempregados a persoas que reciben formación ou que a administración considera que "necesitan" recibila.

Redacción - 12:00 09/12/2008

Segundo as propias cifras que manexa o Ministerio de Traballo, o total de persoas sen traballo en Galiza é de 187.849 parados. Con todo, na cifra que se trasladou publicamente hai poucos días, Xunta e goberno español falan da existencia de 180.820 desempregados.

A diferenza hai que buscala no rexistro polo miúdo de Demandantes de Emprego Non Ocupados (DENOS) onde o ministerio introduciu unha categoría bautizada como "Outros non ocupados". Esta última acepción fai referencia a aquelas persoas ás que a administración lles atribúe estaren en situación de demanda de "servizos previos ao emprego", por estaren en cursos de formación ou considerar que precisarían de tales cursos.

En Galiza, esta manobra permítelle á Xunta suprimir 7.029 persoas da lista. A nivel estatal supón un total de 264.538 desempregados que non se contabilizan. É dicir, de non existir ese mecanismo, o total de parados no Estado pasaría xa a barreira dos tres millóns, até un número de 3.253.807 persoas sen emprego. Tanto no caso nacional como no estatal, a cifra incrementaríase aínda máis de peneirárense polo miúdo os inscritos na categoría "Con dispoñibilidade limitada". A esa acepción quedan estatisticamente vencellados aqueles traballadores que por exemplo teñan unha ocupación temporal de moi baixa remuneración e busquen un novo emprego ou ben outro emprego a tempo parcial co que completar ingresos. No caso de Galiza, son 12.739 empregados nesa situación ou similares.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: