Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ciclo en Lugo

Do local ao nacional, afondando na Galiza das Irmandades

No marco dos actos polo 90ª aniversario da Asamblea Nacionalista, o profesor Xoán Carlos Garrido falou do xurdimento dos movementos sociais en Galiza.

Redacción - 11:30 03/12/2008




"Rexistra o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político", explican os organizadores das xornadas arredor do manifesto nacionalista asinado en Lugo en 1918. Publicado no seu día como Manifesto ao Pobo Galego e distribuído en forma de folla solta , recolle, os acordos da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala: "Tales acordos asinados fai 90 anos, no Hotel Méndez Núñez, da cidade de Lugo representan o cerne e o xermolo do Nacionalismo Galego".

Aproveitando o 90º aniversario da Asamblea Nacionalista, baixo o título A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual, teñen lugar unhas xornadas até xaneiro do 2009, organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). No marco destes actos falou este martes Xoán Carlos Garrido, baixo o título Do local ao nacional. Garrido expuxo a idea da Asemblea de Lugo e as Irmandades da Fala enmarcadas nun contexto de xurdimento e animación dos movementos sociais na Galiza, de empoderamento do campesiñado e das clases populares "que chegan a tomar conciencia da súa problemática específica, da súa problemática política e da necesidade de darlle unha resposta axeitada na sociedade galega aos problemas de seu, que non teñen cabida dentro da organización e estruturas sociais ou sindicais estatais".


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: