Xa está aberto período de inscrición para os cursos CELGA 1, 3 e 4 na Universidade de Barcelona.
Os cursos de lingua galega están destinados a persoas maiores de 17 anos, sexan ou non estudantes da Universitat de Barcelona. Son cursos oficiais de 75 h recoñecidos como 7.5 créditos de libre elección na universidade, agás pra os estudantes de Filoloxía.
Estes cursos, cuxa inscrición está aberta até o 12 e xaneiro de 2008, serven para a preparación para os exames do Certificado en Lingua Galega (CELGA), regulados e expedidos pola Xunta de Galicia.
A matrícula é gratuíta, pero as prazas son limitadas: cada curso contará cun mínimo de 20 e un máximo de 30 persoas matriculadas. De ser necesario, abrirase unha lista de espera para cubrir as baixas que se produzan ao comezo do curso.
Aberto o período de inscrición dos cursos CELGA 1, 3 e 4.
Inscrición presencial:
Luns de 19.30 a 21.30 (Sala 5.23)
Facultat de Filologia - Universitat de Barcelona
Edificio Josep Carner
Aribau, 2- 08007 Barcelona
Inscrición en liña:
Enviar formulario e fotocopia de DNI a este enderezo electrónico.
Até o 12 de xaneiro de 2009.