O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou en Bos Aires, tras unha reunión co ministro do Interior arxentino, Florencio Randazzo, que o Partido Socialista está vetando a transparencia do voto en urna, "e iso obrígans -dixo- a estremar a cautela e a pedir transparencia, rigor e neutralidade ao correo arxentino, a través do ministro do Interior'".
O líder dos populares galegos dixo que "se tiveramos o voto en urna tiñamos a seguridade de que todos os votos chegarían nunha caixa de cristal a Galicia, e agora, na transparencia do voto en Arxentina nos podemos xogar a maioría absoluta en Galicia; nos podemos xogar que un partido ou unha coalición gobernen Galicia".
Feijóo recordou que a pesar de haber un acordo en Santiago de todas as forzas políticas galegas para que nestas eleccións se votase en urna, "este acordo foi vetado" polo Goberno socialista en Madrid; "co que, lamentabelmente, todo parece indicar que non podemos, outra vez, votar en urna no exterior".
Críticas de Marisol SoneiraEn resposta ás declaracións do líder popular, Marisol Soneira, secretaria de Emigración do PSdeG-PSOE, cualificou de "vergoñenta e bochornosa a imaxe que do PPdeG está dando Núñez Feijoo na Arxentina, amosando públicamente a súa incapacidade diante dun goberno estranxeiro". Para a deputada socialista "Núñez Feijoo exhibe as súas carencias pretendendo manchar a imaxe de Galicia. Non lle preocupa en absoluto manchar a imaxe de Galicia no exterior. Só un dirixente dunha forza residual ou extraparlamentaria faría o que está facendo diante dun representante doutra nación: criticar e menosprezar as capacidades do seu propio país para con iso facer o maior dano posible ao Goberno".Segundo Soneira "Núñez Feijoo ten os hábitos dun mal xogador: as regras son boas cando benefician e son malas cando non o benefician". A Secretaria de Emigración cuestionou "¿que tería feito cando estivo ao frente de Correos para non dubidar en humillarse e maltratar a súa capacidade política no exterior en aras a unha presunta falta de garantía e de control do voto da emigración".