Esta semana saíron cara a Arxentina varios camións cargados de material humanitario.
Rally Dakar
O rally Dakar muda de localización mais mantén o espírito solidario co que asolagou parte de África dende o ano 2005. Até Arxentina e Chile chegarán camións cargados de aparatos médicos, medicinas ou material escolar. Todo isto será repartido entre algunhas das organizacións solidarias que realizan a súa actividade nestes países sudamericanos, encargadas de repartilas despois entre as persoas ou centros necesitados.
Mais a fundación nacida no ano 2005 coa colaboración do Hospital Vall d´Hebrón e o Instituto Dexeus continuará a súa campaña de axuda a África. A comezos da vindeira primavera chegarán a Mauritania equipos técnicos e medicamentos enviados para axudar aos hospitais do país.