Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xornada da liga futboleira

Dépor e Celta rabuñan cadanseu triunfo e espreitan a zona alta das táboas

En 2ªB, Rácing e Deportivo B colleitaron vitorias e o Lugo venceu no derbi que o enfrontaba co filial celtista.

Redacción - 09:00 24/11/2008

Un frouxo Athletic de Bilbao non foi rival merecente para o Deportivo da Coruña en Riazor esta fin de semana. Os herculinos sacaron músculo futboleiro para zoupar con insistencia no contorno da porta vasca, e conseguiron furar a rede en até tres ocasións. Ao final: 3-1.

O mesmo número de goles colleitou o Celta de Vigo, aínda que neste caso na súa visita ao campo de Levante. O triunfo colleitado por aquelas terras (1-3), sitúa os vigueses en situación impensábel hai poucas semanas cando se movían moi perto do pozo do descenso. A sensación de que o combate polo ascenso a Primeira é posíbel comeza a aparecer nas esperanzas seareiras.

Doutra banda, no duelo de filiais en terras do Valladolid, os mozos do Deportivo B foron quen de gañar por 0-2. Mentres, o Pontevedra perdía na casa da Cultural Leonesa (2-0) e o Ciudad de Santiago deixaba escapar tres puntos de Compostela fronte á Ponferradina (1-2). Puntos que amarrou na Malata o Rácing de Ferrol diante do Guijuelo (2-1). Por outro lado, o Lugo – Celta B resolveuse en favor dos locais (3-1).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: