As análises deste organismo aseguran que o vindeiro ano a recesión do PIB en 2009 será de -0,9%.
Segundo as novas previsións da OCDE, nos vindeiros meses a economía no Estado Español, máis que arrefriar, vai sufrir unha verdadeira conxelación. A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, que en xuño falaba dun crecemento do PIB do 1,1%, agarda que o vindeiro ano a recesión sexa de -0,9%
Mais a situación aínda sería máis alarmante se se cumprisen as previsións de taxas de desemprego. A OCDE considera que o Estado Español vai pechar 2009 cunha taxa de paro superior ao 14% (pouco máis do 11%). Lonxe de mellorar a situación, para 2010 prevé un 14,8%.