Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
OPEN DE CROACIA, TAEKWONDO

Dúas medallas máis para o taekwondo galego

Estefanía Hernández acadou a prata e Belén Asensio o bronce nunha competición catalogada entre as mellores da Unión Europea de Taekwondo.

Redacción - 13:00 17/11/2008

Estefanía Hernández e Belén Asensio acadaron dúas novas medallas para o taekwondo galego que está a vivir neste 2008 un grande ano. A de Ribeira levou a medalla de prata, mentres que a madrileña afincada no país trouxo o bronce. O open de Croacia está catalogado como unha proba da clase "A", a máis alta cualificación que concede a Unión Europea de Taekwondo.

Ademais de participar nesta competición, as mozas da selección galega pasaron unha semana en Zagreb, onde compartiron adestramentos co equipo croata. Estes adestramentos teñen unha especial importancia por ser o combinado do lugar un dos máis fortes a nivel europeo.

A selección infantil asoballou no estatal de exhibición
Esta fin de semana tamén se celebrou en Alacante o campionato estatal de exhibición, onde o equipo galego asoballou aos seus rivais. O equipo galego participou con dous equipos que acadaron ouro e prata, deixando o bronce para o equipo catalán


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Algunhas das espectuaculares imaxes que nos deixou o campionato estatal de exhibición / Foto: Federación Galega de Taekwondo
Algunhas das espectuaculares imaxes que nos deixou o campionato estatal de exhibición / Foto: Federación Galega de Taekwondo
Equipo galego / Foto: Federación Galega de Taekwondo
Equipo galego / Foto: Federación Galega de Taekwondo