Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É "un auténtico bluff"

Ricardo Varela di que Feijóo traballa "en contra dos intereses de Galiza"

O vicesecretario xeral do PSdeG considera que "non dá a talla" neste momento de crise, ao contrario que Touriño, o que ve "traballando en positivo".

Redacción - 20:30 15/11/2008
Ricardo Varela

Ricardo Varela

O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, acusou este sábado o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, de traballar "en contra dos intereses de Galiza", polo que concluíu que no actual momento de crise económica "non dá a talla" e é "un auténtico bluff".

Logo de se reunir en Lugo cos responsábeis do PSdeG para poñer en marcha os comités electorais, Varela censurou as "insensateces" que, ao seu entender, expresou Feijóo nos últimos días en materia económica, polo que lle pediu ao líder da oposición que deixe de socavar a confianza de Galiza", e que abandone a "demagoxia" e o "oportunismo".

Touriño, "en positivo"

Na súa opinión, o PPdeG non ten diagnóstico sobre a crise económica nin propostas para paliala. En troques, Feijóo espalla mensaxes de "catastrofismo e medo". Fronte a isto, situou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que ve "traballando en positivo, para concluír que Goberno e oposición supoñen "dúas formas radicalmente distintas de entender un período de dificultades".


1,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: