Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
22 DE NOVEMBRO, CENTRO GALEGO

A memoria do mar en Galiza e presentación da "Revista Galega de Teatro", con Furafollas

O antropólogo Paulo Jablonski García Museo do Mar de Galicia falará do proxecto de dixitalización do patrimonio fotográfico proxecto "A memoria do mar".

Centro Galego de Barcelona - 09:00 17/11/2008

Fotografía, memoria e mar, son os tres elementos que vertebran o proxecto "A memoria do mar", centrado na dixitalización de fondos fotográficos familiares e capitaneado polo Museo do Mar de Galicia. A conferencia divídese en dous bloques. En primeiro lugar, explicaranse os obxectivos e desenvolvemento do proxecto no contexto da Galiza actual. En segundo lugar, realizarase un percorrido visual de parte do patrimonio fotográfico recollido baixo tres eixos temáticos: a vida no mar, a ocupación do litoral e as diferentes olladas sobre o mar.

O mesmo día preséntase o número 54 da "Revista Galega de Teatro" que contará cunha actuación de Furafollas Agrupación Teatral.

Sábado 22

19:00 h | Conferencia Fotografía, memoria e mar
A cargo de Paulo Jablonski García. Técnico Antropólogo do Museo do Mar de Galicia.

20:40 h | Presentación da "Revista Galega de Teatro"
Presentación do número 54 da Revista Galega de Teatro (RGT).
Presentación dos textos "O Show de Kinsey" de Jesús Díaz, gañador do XXXII Premi Born de Teatre 2007.

Coa presenza de:
Sr. Don Antón Lampareira, director da Revista.
Sr. Don Alfonso Becerra de Becerreá, redactor.
Sr. Don Lito Caramés Bouzán, membro de Furafollas Agrupación Teatral.

Actuación de Furafollas Agrupación Teatral, versionando os textos de Jesús Díaz.

Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla de Caputxíns, 35


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: