Ademais, vén de aparecer a tradución italiana de 'Un home sen nome'.
Suso de Toro adiantou nunha conferencia en Barcelona algúns riscos da súa vindeira novela, que publicará Xerais no primeiro semestre de 2009. A xornalista Helena Domínguez reproduce no seu blog o contido da conferencia, na que o autor afirmou que o libro será "unha viaxe ao pasado", no que afondará na historia da súa propia familia, a partir dunha foto de seu pai fronte á porta tapiada da súa casa natal, en Zamora.
Mentres, vén de aparecer a edición italiana de Home se nome. A novela, publicada baixo o título Uomo senza nome, foi traducida por Fabio Angelli (profesor de italiano da EOI de Vigo) e publicada pola editorial Gran Via.