Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SÁBADO A PARTIR DAS 16.30 HORAS

Pontevedra lembra un dos pioneiros do waterpolo: Pepe "Malecho"

O Clube Natación Pontevedra homenaxea a un histórico do balonmán na cidade, cun torneo no que se enfrontarán aos portugueses do Naval Povoense.

Redacción - 12:50 07/11/2008
Cartaz do torneo

Cartaz do torneo

O Club Natación Pontevedra organiza para este sábado o IV Torneo Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra. Enfronte estarán os portugueses do Clube Naval Povoense, chegados dende a vila de Varzim. Disputaranse catro encontros, nas categorías alevín, infantil, xuvenil e sénior; todos eles na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Os partidos comezarán ás 16.30 horas e durarán toda a tarde.

Trátase dun encontro festivo entre dous clubs amigos, xa que o ano pasado os pontevedreses foron convidados polo club portugués a participar na sexta edición do Torneio San Pedro - Cidade da Povoa de Varzim.

Homenaxe a Pepe "Malecho"
O torneo leva o sobrenome de Memorial Pepe "Malecho", que cumpre tamén a súa cuarta edición. Con este torneo vólvese a homenaxear a José Rodríguez Rubial, máis coñecido como Pepe "Malecho". Trátase dun dos impulsores do waterpolo na cidade do Lérez, nos anos 30, cando este deporte se practicaba aínda nunha das dársenas do porto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: