A medida tomada polo Banco Central Europeo non tivo os efectos agardados.
Logo de seis xornadas de subas, o Ibex caeu un 6,27% na xornada deste xoves e situouse na cota dos 9.133,9 puntos. A boa racha das bolsas europeas chegou xa á súa fin: unha vez superadas as eleccións nos EUA e o recorte de tipos da Reserva Federal estadounidense, os inversores fixéronse conscientes da crúa realidade. O Fondo Monetario Internacional (FMI) asegura que a contracción no Estado Español será maior en 2009, cuns cálculos que vaticinan que a economía se contraerá un 0,7% o vindeiro ano, cando hai só un mes o cálculo non superaba o 0,2%.
Así, o Ibex 35 situose durante toda a xornada en terreo negativo. Pero igualmente o fixeron os principais parqués europeos que pecharon con importantes descensos: por exemplo Francfort (-6,81%) ou París (-6,38%). Pódense consultar máis datos na información económica dos principais xornais europeos. Aquí propoñemos algúns:
- The Economist
- Financial Times
- Le Monde