Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NAS TENDAS A FINAIS DE NOVEMBRO

O novo disco de Milladoiro xirará ao redor das relacións entre Galiza e Portugal

O álbum, titulado 'A quinta das lágrimas', será editado por Pai Música.

Redacción - 10:30 05/11/2008

As cancións de A Quinta das Lágrimas tratarán a relación amorosa entre doña Inés de Castro e o infante don Pedro, e de xeito máis amplo a relación entre Galiza e Portugal. Será un obra conceptual. Son máis dunha ducia de álbums de estudio para case tres décadas de traxectoria. De feito, A Quinta das Lágrimas abrirá un ano, 2009, no que o grupo celebrará os seus 30 anos, un ano de concertos e celebracións no que o Milladoiro tamén editará un disco recompilatorio. A presentación en directo do novo disco de Milladoiro producirase o próximo 25 de novembro no Teatro Colón da Coruña e, posteriormente, o 17 de decembro, no Centro Cultural Caixanova en Vigo.

A Quinta das Lágrimas, situada na marxe esquerda do río Mondego en Coimbra, foi o escenario dos amores prohibidos do príncipe D. Pedro (futuro Pedro I de Portugal) e Inês de Castro, que tiveron catro fillos. Conta a lenda que foi na Quinta das Lágrimas que D. Inês chorou por última vez, cando era traspasada polos puñais dos fidalgos a quen o rei Afonso IV ordenara a súa morte. As bágoas daquela derramadas inspiraron a Luís de Camões a crear o nome de Fonte das Lágrimas e a moitos outros escritores a consagrar o amor eterno de Pedro e Inês.

Disco, tamén, de Roi Casal
O disco será distribuído por Pai Música, que este mes tamén presentará o primeiro traballo de Roi Casal, integrante do grupo dende o ano 2000 e fillo de Nando Casal, gaiteiro de Milladoiro dende a súa formación. O disco, que será presentado nun concerto privado o 14 de novembro na Sede da SGAE en Galiza, chamarase Lendas Douradas e mesturará a tradición e a poesía galega.


4,15/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: