Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FILMES E SERIES

Política Lingüística e CRTVG sacarán ao mercado DVD na nosa lingua

O material dobrado ou producido en galego distribuirase en 177 puntos de venda e ampliará a oferta audiovisual na nosa lingua.

Redacción - 10:20 05/11/2008
Unha das series que se editarán

Unha das series que se editarán

Política Lingüística e a CRTVG asinaron un convenio para promocionar o audiovisual en galego polo que, nos vindeiros días, sairán á venda DVD na nosa lingua. Os títulos, que se distribuirán en 177 puntos de venda de todo o país, inclúen oito filmes dobrados pola Galega, a serie Planeta Fantasía, a longametraxe Os vixiantes do Camiño e a serie Historias de Galicia.

O acordo, segundo a secretaria xeral Marisol López, certifica "a importancia do sector audiovisual no proceso de normalización lingüística" e vai especialmente dirixido ao público infantil e xuvenil. Tamén destacou o papel da Televisión de Galicia como axente de "difusión da lingua galega".

A CRTVG comprométese a producir, promocionar e xestionar os produtos audiovisuais publicados, mentres que Política Lingüística achegará apoio e asesoramento técnico en materia lingüística e terminolóxica nas iniciativas relacionadas.


4,73/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A serie 'Historias de Galicia', que presenta Xosé Barato, será un dos DVD distribuídos
A serie 'Historias de Galicia', que presenta Xosé Barato, será un dos DVD distribuídos