Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TAEKWONDO

Prata e bronce para os galegos na Copa de Europa

Estefanía Hernández e Belén Asensio acadaron o bronce, mentres que Xosé Fernández obtivo a medalla de prata.

Redacción - 13:38 03/11/2008
Imaxe da competición / Foto: Federación Turca de Taekwondo

Imaxe da competición / Foto: Federación Turca de Taekwondo

Boa actuación dos galegos que competiron a pasada fin de semana na Copa de Europa por equipos, participando dentro do combinado estatal. O torneo realizouse na localidade turca de Konya, durante os días 1 e 2 de novembro. O equipo estatal obtivo a medalla de prata na categoría masculina e o bronce na feminina.

Na modalidade masculina, ademais de Xosé Fernández, loitaron Vicente Muriel, Nicolás García e Mikel Bernal. O combinado estatal non tivo problemas para impoñerse nas primeiras roldas a equipos como Polonia, Bielorrusia ou Xeorxia. En semifinais conseguiron superar ao potente combinado francés, acadando o pase a unha final na que agardaban os anfitrións. Na rolda definitiva o equipo turco aproveitouse do intenso ambiente creado pola súa afección e gañou a medalla de ouro.

Na categoría feminina Estefanía Hernández e Belén Asensio non puideron chegar ao combate polo ouro. O equipo completábano a madrileña Sandra Lorenzo e a Catalá Elena Gómez. De novo foi Turquía o equipo que se cruzou no camiño do equipo estatal, en semifinais, e relegounas a unha meritoria medalla de bronce.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: