Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A Primeira dende 1975

Portugal prepara a nacionalización do Banco Português de Negócio

O goberno xustifica a decisión polo risco dunha inminente suspensión de pagos da entidade.

Redacción - 19:40 02/11/2008

O ministro das Finanzas, Teixeira dos Santos, anunciou este domingo que o goberno vai propoñer a nacionalización do banco BPN. A decisión, que se deu a coñecer logo dun consello de ministros extraordinario, xustifícase pola necesidade de asegurarlle aos despositantes que os seus cartos están seguros. A partir deste mesmo luns, e á espera de que a Assembleia da República referende a decisión, o BPN vai estar supervisado por dous admnistradores do Banco de Portugal.

Dende o goberno portuguñes sinalan que o BPN estaba a ter graves problemas de liquidez e, cunha perdas de 700 millóns de euros, ten enriba a ameaza real dunha inminente suspensión de pagos. A mala situación da entidade está relacionada con operacións co Banco Insular de Cabo Verde. O propio Teixeira dos Santos lembrou que detrás das mesmas hai indicios de irregularidades que xa está a investigar a Procuradoría-Geral da República.

Dende o goberno luso tamén anunciaron que o Estado vai investir perto de catro mil millóns de euros no sistema bancario portugués por medio de accións preferenciais para ver de aumentar a solidez financieira.

 Poden ampliar a información en Jornal de Noticias, Público e Correio da Manha


2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: