Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LUIS COLLADO, DIRECTOR DE GOOGLE LIBROS NA PENÍNSULA

"Non hai intervención humana nin económica nos resultados de Google"

O representante do buscador nega que haxa ningún cambio que prexudicase as páxinas en galego e afirma que o multilingüismo é o futuro.

Modesto del Río - 09:45 29/10/2008
Luis Collado

Luis Collado

O director de Google Procura de Libros, Google Académico e Google Noticias para a Península Ibérica, Luis Collado, participou no serán do martes en Vigo nun encontro sobre a incorporación do galego aos produtos tecnolóxicos en termos de rendibilidade empresarial. A conferencia, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Antes de intervir, Collado concedeulle uns minutos a Vieiros.

Cal é o seu labor dentro da estrutura de Google?

Fundamentalmente, o meu labor é importar contidos editoriais de calquera tipo, creados por terceiros en calquera formato, ao mundo da internet e a Google, para que quen queira buscalos, os atope.

Acaban de asinar algúns acordos con editoriais galegas para incorporar contidos ao seu buscador. Van seguir nesa liña?

Si, temos un acordo con Galaxia e outro co Consello da Cultura Galega. A nosa idea é seguir importando contidos en galego e estamos abertos á colaboración doutras editoriais e institucións.

Nos últimos días afirmouse que Google fixera cambios nos seus criterios de busca e está a discriminar os resultados segundo a lingua do buscador. Que nos pode dicir disto?

Google funciona mediante un algoritmo matemático que determina a relevancia. É algo que funciona de maneira automática. Non hai intervención humana nin económica nos resultados. O cambio púidose producir polo comportamento dos usuarios ou das páxinas web. Google non actuou a favor nin en contra de ningún contido en ningunha lingua.

Google xa está a ofrecer algúns dos seus servizos en galego. Chegarán a estar outros no noso idioma, como Gmail?

A idea é ir incorporando máis servizos en diferentes idiomas. De todos os xeitos, non nos deberíamos fixar tanto en que idioma está o produto senón no que usa o usuario en internet. El é o que o determina á hora de introducir palabras no cadro de busca. Eu podo estar nos EUA e buscar palabras en galego. A clave está en incorporar máis contidos nunha lingua para que Google lle dea máis relevancia e ofreza resultados. Pero tamén tratamos de ir localizando máis produtos e servizos.

Cre que o futuro da rede está no plurilingüismo?

Estamos absolutamente a favor do plurilingüismo, é unha das principais riquezas do ser humano. Nese senso, internet é o medio de información máis democrático, porque é onde o usuario pode crear os contidos e decidir en que lingua o fai.

Anterior: A web en galego prexudicada por Google


3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Luis Collado; Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística; Xosé María Pousada, director da ETSET de Vigo, e Montserrat Pardo, de Microsoft Ibé
Luis Collado; Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística; Xosé María Pousada, director da ETSET de Vigo, e Montserrat Pardo, de Microsoft Ibé