Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inxección multimillonaria

Ucraína e Hungría botan man da caixa do FMI fronte aos paus da crise global

O Fondo Monetario Internacional anuncia préstamos por valor de case 13 mil millóns de euros a Ucraína para enfrontar o colapso da súa economía.

Redacción - 09:00 27/10/2008
Na imaxe, fundición ucraína: o apoio ao sector do aceiro é unha das claves da axuda, segundo o FMI

Na imaxe, fundición ucraína: o apoio ao sector do aceiro é unha das claves da axuda, segundo o FMI

"O programas acordado busca a volta de Ucraína á estabilidade financeira e económica, na procura da liquidez e a solvencia do sector financeiro, pulindo o axuste ás convulsións internas e reducindo a inflación". Así o recolle o comunicado oficial difundido polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e asinado polo presidente deste organismo, o ex ministro socialista francés Dominique Strauss-Kahn.

No medio dunha crise política, e fronte á crise económica que zoupa no país, Ucraína bota man así dos instrumentos do FMI por unha cantidade moi superior á inicialmente estimada. De xeito paralelo, o FMI tamén avanzou que un programa de axuda similar está sendo acordado no medio da propia Unión Europea, con Hungría. Neste caso aínda non se aclarou a cantidade concreta, malia que segundo apuntaron desde o FMI a propia UE e gobernos europeos a título individual, participarán no plan de axuda á economía húngara.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: