No debate da incerteza sobre a presenza ou non do goberno español no cumio do G20 a finais de ano, desembarcou Orozco esta semana "con toda a humildade do mundo".
"Con toda a humildade do mundo dun pobre alcalde de pobo, faga todo o que poida para que España tamén estea representada nese foro do mes de novembro que se vai celebrar no sei país". Así se dirixiu o alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ao embaixador dos Estados Unidos no Estado español, Eduardo Aguirre, durante unha xuntanza este xoves.
"Sabemos do interese do seu goberno de Europa e de España por poder solucionar esa crise", aclaroulle o rexedor lugués a Aguirre, ao tempo que apelaba ao diplomático a prol do convite polo que turra esta semana o executivo español liderado por José Luís Rodríguez Zapatero. Na web da COPE poden escoitar o audio da intervención.