Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temón para a Axencia de Protección Urbanística

Sete concellos cédenlle á Xunta o control do urbanismo

Outros 14 vanse sumar a semana que vén, até un total de 21, que trasladarán a Política Territorial o labor de supervisión, inspección e sanción.

Redacción - 09:00 24/10/2008

Os municipios da Baña, Cedeira e Sada na provincia da Coruña; de Carballeda de Avia, Castrelo do Val e Vilardevós en Ourense e da Guarda en Pontevedra son os primeiros en incorporarse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia (APLU). A semana que vén entrarán outros 14: Abegondo, Oroso e Val do Dubra na provincia da Coruña; Becerreá, Castroverde e Ribeira de Piquín en Lugo; Castrelo de Miño, Gomesende, Maside, Piñor, Verín e Vilamarín en Ourense; e Moraña e Pontecesures en Pontevedra.

Todos eles ceden así voluntariamente a este organismo as súas competencias municipais en inspección e supervisión da legalidade urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico e urbanizábel mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización. A través da APLU, a Xunta terá potestade sancionadora e de reposición da legalidade cando fose necesario, e tamén a función de anulación de licenzas contrarias á normativa, asesoramento e asistencia ás administracións públicas.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: