Os coruñeses venceron no derbi ao CIFA Patín, mentres que o Liceo Cerceda derrotou nos penaltis ao Vigo Stick.
O Liceo conseguiu impoñer o seu rol de favorito
Os dous partidos de semifinais ofreceron momentos de grande emoción e axustados marcadores que non se decidiron até os últimos intres. Na semifinal disputada este mércores o Liceo Coinasa Cerceda impúxose ao Vigo Stick na quenda de penaltis. O partido rematou con empate a dous goles, e o filial do Liceo rematou impoñéndose por catro goles a tres nos lanzamentos decisivos.
O martes tocáralle ao Liceo Coinasa Coruña, que partía como gran favorito por ser o único equipo que participa na máxima división estatal. En fronte tivo a un duro CIFA Patín, que saíu decidido a plantarlle cara aos homes de José Querido. A igualdade foi máxima durante todo o partido, e rematou decidíndose cunha xenialidade, a falta de menos de tres segundos para o final. Foi o xogador do Liceo Pablo Álvarez quen estableceu o definitivo 5-4 cun potente disparo cruzado.
Aínda se decidiu a data da final, máis sábese que a Federación Galega de Patinaxe pensa nos días 29 de outubro e 5 de novembro como principais opcións.