Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRIMEIRA MOSTRA

A Coruña é sede dun certame de cinema científico

Do mércores ao sábado proxectaranse en catro salas da cidade producións galegas e internacionais, algunhas en primicia.

Redacción - 14:15 22/10/2008

Este mércores ábrese na Coruña a primeira Mostra Internacional de Ciencia e Cinema, que se vai desenvolver até o 25 de outubro na Domus, no Fórum Metropolitano, no Teatro Rosalía de Castro e mais no CGAI. O máis salientábel da primeira xornada será a estrea no país do documental Nós alimentamos o mundo.

O traballo, asinado polo director austríaco Erwin Wagenhofer, amosa o proceso de produción do que comemos, os paradoxos e os excesos da globalización e a súa relación coa fame no mundo. Exhibirase a partir das 20:30 horas e a entrada será libre.

A mostra abriuse coa proxección na Domus dos seis documentais galegos que concorren na sección oficial do certame: 2050: How soon is now, de Ruth Chao e Javier Silva Salinas; As catedrais do silencio, de Maga Martínez; O salario do silencio, de Henrique Banet e Mabel Ribera; Os mares doces de Galicia, de Manuel E. Garci; Os señores do vento, de Xurxo González Rodríguez, e Unha lousa sobre o Courel, dirixido por Henrique Banet.

Patrocinada pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña e Museos Científicos Coruñeses, a mostra organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias conta coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega. A programación completa pódese consultar na web do certame.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: