Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ENFRÓNTASE A ASTURIAS

A Auténtica tentará revalidar a Copa Cantábrica de Billarda-Liriu

A pista polideportiva de Piyarnu presenciará como a selección galega leva a cabo a defensa do título acadado hai un ano no mesmo escenario.

Redacción - 10:30 26/10/2008
Billardeando cara o mar

Billardeando cara o mar

Este domingo os equipos galego e asturiano disputarán a segunda edición da Copa Cantábrica de Billarda. O escenario será o campo de Piyarnu, pertencente ao concello de Castrillón (Asturias), e o partido comezará ao mediodía. Os convocados polo adestrador galego, coñecido como o Zidane da billarda, sairán de Ribadeo ás 8:30 horas da mañá para chegar con tempo ao lugar do encontro. Despois do mesmo, celebrarase un xantar de irmandade e unha visita á sede do equipo asturiano.

A Auténtica chega a Castrillón como campioa da primeira edición e coa experiencia adquirida dende entón. O equipo de Zidane é, a día de hoxe, unha maquina ben engraxada, tal e como amosou ante a selección alemá o pasado 20 de setembro. Enfronte estará o equipo adestrado por Xosé Pravia, con moitos homes militando na LNB (Liga Nacional de Billarda), que procurarán deixar o trofeo na súa terra.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe do primeiro internacional da Auténtica, que foi tamén contra Asturias
Unha imaxe do primeiro internacional da Auténtica, que foi tamén contra Asturias
Mentres, a LNB segue. A pasada semana houbo xornada de liga na Conferencia Sur, en Moaña (na imaxe)
Mentres, a LNB segue. A pasada semana houbo xornada de liga na Conferencia Sur, en Moaña (na imaxe)