A obra recolle as ilustración ao óleo que o artista realizou para o filme de animación de Continental.
"Érase unha vez unha casa no medio do Mar...", así comeza este conto de amor, no que un mariñeiro/pintor que viaxa nun pesqueiro sofre unha tormenta e unha onda xigante afunde o barco; mentres, unha muller agarda por el e intúe a traxedia. O libro é unha viaxe fantástica polo fondo do mar, un "poema visual é musical", en palabras de Miguelanxo Prado. O filme, con música de Nani García, foi a primeira película feita con pinturas ao óleo animadas.
Agora publícanse eses óleos, da man de El Patito Editorial, que adquiriu o compromiso de publicar as obras completas de Miguelanxo Prado en galego. Prado ten traducidos os seus libros a dezaseis idiomas, mais algúns deles aínda non se publicaron en galego. A edición sairá corrixida con respecto á española, na que o papel non foi o axeitado e moitas das ilustracións quedaron escuras. A presentación terá lugar o martes 21 na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a partir das oito da tarde.