Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PROXECTO DA UNIVERSIDADE DE SAO PAULO

Brasil traballa na creación de redes wifi alimentadas por enerxía solar

O prototipo actual ofrece cobertura a máis de 400 metros e unha autonomía de dous días, pero a idea é comercializar un modelo definitivo a medio prazo.

Redacción - 12:25 19/10/2008
Os encamiñadores de rede tradicionais terán nova competencia coa implantación dos arquetipos solares

Os encamiñadores de rede tradicionais terán nova competencia coa implantación dos arquetipos solares

A Universidade de Sao Paulo leva seis meses traballando nun proxecto que estuda a posíbel implantación de dispositivos wifi alimentados con enerxía solar. Este sistema ten como obxectivo fundamental achegar internet a aquelas escolas que carecen dunha fonte fiable de electricidade, e tamén ser usado en espazos como parques ou forestas. O prototipo actual ofrece conexión a un espazo de entre 400 e 500 metros e ten unha autonomía de dous días.

O arquetipo actual está formado por un panel solar, unha batería de motocicleta e un circuíto que se encarga da xestión enerxética. A idea dos enxeñeiros da Escola Politécnica de Enxeñaría da USP é acadar un modelo de tamaño similar a un teléfono móbil, que ofreza unha autonomía de 10 días, para as épocas con menos sol.

As redes de internet alimentadas por enerxía solar comercializaranse a medio prazo, segundo o responsable do proxecto, Marcelo Zuffo. Ademais de levar internet a espazos aos que antes non chegaba por falla de enerxía, este proxecto pretende suprimir gastos innecesarios a nivel enerxético e tamén económico.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: