Fontes do Ministerio de Medio Ambiente sinalan que paralizarán os proxectos se a consellaría informa negativamente.
As catorce concesións en trámite para construir novas centrais hidroeléctricas na bacía Miño-Sil poden ser anuladas. Fontes do executivo español confirmáronlle a Europa Press que non aprobarán os proxectos se a Consellaría de Medio Ambiente informa negativamente. A nova dáse a coñecer poucas horas despois de que o presidente da Xunta mostrase o seu rexeitamento a novas hidroeléctricas.
Segundo a axencia de noticias, as fontes consultadas explicaron que o Ministerio de Medio Ambiente ten a “obriga legal” de estudar todas as peticións. Porén, lembraron que a tramitación das mesmas non significa que vaian aprobarse.
Dende o ministerio que dirixe Elena Salgado non ven “inconvintes” para traspasar a bacía hidrográfica Miño Sil á Xunta, tal e como solicitou o executivo galego.