Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Despedida a Ramiro Fonte

"Vou visitar o xardín do pasatempo este día"

Así comeza o primeiro poema do último libro de Ramiro Fonte, lido este luns no camposanto de Pontedeume durante a despedida ao autor.

Redacción - 09:00 14/10/2008

O poeta e intelectual Ramiro Fonte recibiu na tarde do luns sepultura no cemiterio municipal de Pontedeume, a súa localidade natal. Asistiron numerosas personalidades e veciños a darlle o último adeus.

Ramiro Fonte foi velado até a mañá do mesmo día no tanatorio eumés, en Campolongo, até ser trasladado á Casa Consistorial de Pontedeume, onde permaneceu deica momentos antes das cinco da tarde, hora de saída da comitiva fúnebre en dirección ao cemiterio da vila. No enterro e, posterior misa funeral ás 18 horas na Igrexa de Santiago, acudiron ademais de familiares e amigos, personalidades diversas do mundo da cultura, ademais de representantes políticos, entre eles o ministro de Cultura, César Antonio Molina, e os conselleiros de Presidencia,Xosé Luis Méndez Romeu, e de Cultura, Ánxela Bugallo; así como o alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente.

Recomendámoslles as palabras de despedida na bitácora do editor Manuel Bragado.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A ponte de Pontedeume, onde descansan os restos de Ramiro Fonte (Foto: LluisdeZamora, Flickr)
A ponte de Pontedeume, onde descansan os restos de Ramiro Fonte (Foto: LluisdeZamora, Flickr)