Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Semana Europea das Rexións e das Cidades

Galiza participará nas actividades do 'Celtic Connections' deica 2009

Este conglomerado de nacións e rexións está composto, dende 2007, por Escocia, Gales, Asturias, Bretaña, Norte de Portugal, Irlanda e Cornwall.

F. A. - 10:10 12/10/2008
Fernández Mato, este xoves en Bruxelas

Fernández Mato, este xoves en Bruxelas

Coa participación do noso país na Semana Europea das Rexións e das Cidades Open Days búscase "impulsar o peso das rexións a nivel europeo", así como "o intercambio de boas prácticas e experiencias en eidos como o cambio climático, o desenvolvemento tecnolóxico ou a cooperación territorial", sinalou esta semana o secretario xeral de Relacións Exteriores, Xulio Fernández Mato.

É neste camiño que a Xunta xestionou a participación de Galiza na promoción e organización de diversos actos de tipo cultural de aquí a 2009 -"aínda por decidir", apuntan dende a secretaría xeral-, ao abeiro do consorcio Celtic Connections. O grupo, composto por diversas rexións e nacións europeas, ten un carácter informal -é dicir, carece de consideración xurídica.
Formouse de xeito puntual para as xornadas Open Days, que organizan cada ano en Bruxelas o Comité das Rexións da UE, a Comisión Europea e grupos determinados de rexións. A iniciativa xurdiu de Gales, un dos países máis entusiastas con esta colaboración intercéltica, segundo confesan dende a Fundación Galicia Europa, que este ano estivo por vez primeira nas xuntanzas de Celtic Connections.

Dende 2007, ademais de Gales, participan tamén Irlanda (coas denominación de Rexións de Irlanda e Irlanda do Norte), Escocia, Norte de Portugal (Norte), Asturias, Gales, Bretaña e Cornwall (Sudoeste do Reino Unido). Daquelas, Galiza non formara parte por unha "decisión política" do anterior secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino, que dimitiu pouco antes do comezo dos Open Days dese ano.


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: