Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo de BCE e Fed

A UE e os EUA coordínanse para baixar medio punto os tipos de xuro

O recorte deixa o prezo dos cartos na eurozona no 3,75% e nos Estados Unidos nun 1,5%. Os bancos centrais de Xapón, Reino Unido e Suecia únense á medida.

Redacción - 14:30 08/10/2008



Especulábase desde hai días coa posibilidade da rebaixa nos tipos de xuro, despois dunhas recentes declaracións do presidente do Banco Central Europeo (BCE), Jean-Claude Trichet, onde non descartaba tomar esa decisión, malia que a enmarcaba no medio prazo.

Así, o BCE introduce unha significativa viraxe na estratexia que levara os tipos á taxa máis alta en sete anos, xustificando a renuncia a recortes no temor a estimular un incremento dos prezos. Agora, o BCE recorta medio punto, deixando o prezo dos cartos nun 3,75%. A institución xustifica a decisión na desaceleración económica dos últimos meses e as "turbulencias" do mercado financeiro, recoñecendo as dificultades de fogares e empresas para obteren crédito.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: