Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A REVISTA PUBLICA O SEU NÚMERO 18

Maioría de idade para Anima+L

Entre os contidos, 'O cazador de Eubea' de Dion de Prusa, "a primeira novela ecoloxista da historia", e fotos exclusivas de Moncho Iglesias dende Cisxordania.

Redacción - 11:15 08/10/2008

A revista editada por Edicións Positivas continúa a súa andaina, cun novo número, que fai o decimo oitavo en dezasete anos de vida. Neste exemplar, que abre a súa portada con , destaca a publicación da tradución ao galego de O cazador de Eubea, escrita por Dion de Prusa e considerada a primeira novela ecoloxista da historia. A historia do cazador de Eubea procede do Discurso VII de Dion Crisóstomo (Dion de Prusa), e serviu de inspiración a autores como Luis de Góngora. Narra as aventuras dun náufrago novo e namorado. A novela é unha defensa da vida no campo fronte ao poder da cidade, da probreza rural contra a riqueza urbana, do natural fronte ao convencional.

A revista ábrese cunha entrevista a Gloria Mosquera, de Mamacabra, e comentarios e extractos de cada un dos catro discos do grupo, dirixidos ao público infantil. Destacan igualmente as fotografías exclusivas que envía Moncho Iglesias, profesor en Belén e colaborador habitual de Vieiros, que volve retratar, esta vez só en imaxes, a realidade de Cisxordania, ao igual que o fixo no seu poemario Oda ás nais perennes con fillos caducos nos brazos.

O Anima+L publica os Manifestos Populistas de Lawrence Ferlinghetti, que formou parte destacada da xeración Beat canda a Ginsberg e Gregory Corso. Estes textos, que aparecen traducidos por Daniel Salgado, foron publicados por primeira vez nas páxinas de The New York Times e Los Angeles Times en 1976 e 1978.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: