Os científicos estiman que un obxecto de gran magnitude colide coa Terra cada 200 a 1000 anos que nos vindeiros 15, podería darse unha ameza potencial.
Recreación dun suposto impacto dun meteoro
No entanto, as instalacións que exercen esta vixianza en Porto Rico sofren a ameaza de peche por falta de fondos e a cantidade de expertos dedicados á tarefa é testemuñal.
Cada día os telescopios detectan un ou dous obxectos próximos á Terra (denominados NEO), pero a maioría son demasiado pequenos para representar unha ameza. Porén tamén se fala do risco que podería supor que asteroide Apophis faga carambola na Terra en 2036.
A última vez que se produciu un impacto destas características foi en 1908, cando un meteorito estoupou na rexión siberiana de Yunguska coa potencia de 1.000 bombas de Hiroshima e arrasando 2.150 quilómetros cadrados. Segundo os científicos, o impacto do Apophis sería entre 30 e 100 veces maior.
Así as cousas, a Asociación de Exploradores do Espazo, organización formada por máis de 300 persoas de 34 países, cuxo requisito de acceso é ter completado ao menos unha órbita arredor da Terra nunha nave espacial, suxire unha "ampla colaboración internacional no marco das Nacións Unidas".
O informe "Ameazas de asteroides: un chamamento á resposta global" realizado por esta asociación aborda a cuestión do posible impacto dun meteoro contra a Terra dende distintos ángulos.
Proponse a posta en marcha dunha rede de información, análise e alerta; un grupo de operacións e planificación de misións para propoñer e designar a maneira máis adecuada de desviar o NEO; e a creación dun panel intergubernamental na ONU para que supervise as funcións anteriores, estableza as directrices de traballo e someta as recomendacións de acción ao que debería ser o órgano de decisión, o Consello de Seguridade.
FWWWRANDO