Poucas veces se ten visto tanta unanimidade arredor dun texto político dentro do BNG: 1.279 votos a favor, dous en contra e catro abstencións.
Tal e como se agardaba, o sentido de votación dos delegados foi case unánime á hora de aprobar o documento político elaborado pola dirección e debatido posteriormente nas asembleas comarcais. Os votos a favor representaron máis do 99% dos emitidos.
No documento analízanse os tres anos de goberno na Xunta e márcanse as directrices até a vindeira asemblea ordinaria, que terá lugar no ano que vén.