Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No derbi galego

Vitoria, moi axustada, do Breogán ante o Rosalía

Os dous equipos da LEB Ouro enfrontábanse no marco das Festas do San Froilán. A priori, os lucenses estaban moi motivados, mais ao final quedaron ben igualados: 85-83.

Redacción - 11:16 05/10/2008
O Breogán gañou, sufrindo nos últimos minutos, o derbi (85-83)

O Breogán gañou, sufrindo nos últimos minutos, o derbi (85-83)

O Leite Río Breogán gañou o derbi galego nun partido, contra o Beirasar Rosalía, que levaba atado dende o primeiro cuarto, pero que case lle remonta o Rosalía nos últimos minutos. O resultado: 85-83.

Os locais estiveron a piques de perder, após derramar máis de 20 puntos de vantaxe, pero ao final reaxiron, marcando a canastra da vitoria. A superioridade en ataque dos lucenses púxose de manifesto dende o primeiro minuto, porén, estaba do outro lado da cancha a súa fraqueza na defensa.

A piques que gañar cunha tripla
Na metade do segundo cuarto os locais daban o partido por gañado; o Beirasar Rosalía non lles daba seguido os ritmo anotador. No descanso os de Lugo marcharon cun contundente 60-38 fronte os composteláns, que parecía deixar o encontro sentenciado.

Porén, na segunda parte os do Rosalía saíron frescos e comezaron a acortar distancias, poñéndose, de seguida, a menos de dez puntos dos locais. A tensión ía medrando, mentre os de Compostela se puñan, a falta de un minuto para o final, a unha canastra do Breogán. Nos últimos segundo sos composteláns tiveron, nas mans de Ramsdell, a súa ocasión de gañar. Porén, a tripla non entrou, a posesión esgotouse e os segundos tamén. Os lugueses sufriron para gañar o derbi.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: