A empresa pedíralle á asociación ecoloxista unha indemnización de 30 mil euros.
O xulgado de Primeira Instancia número 4 de Compostela desestimou a demanda civil que interpuxera Acuinor contra Adega por paralizar as obras da piscifactoría de Rinlo, en Ribadeo. O colectivo ecoloxista bloqueara no ano 2005 a construción dunhas instalacións que lle afectaban á praia das Catedrais, enmarcadas na Rede Natura.
O propietario da empresa, Ramón Álvarez-Cascos, pedira unha indemnización de 30 mil euros, que desestimou o xuíz. Máis información no Canal Verde.