Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Aproveitando que o mar está perto

Os mozos 'cólganse da vela' en Vigo

A directora xeral para o Deporte presentou un programa que ofrece prazas de balde para que 150 nenos da cidade olívica se acheguen á experiencia de navegar.

Redacción - 18:31 02/10/2008
Na presentación do proxecto 'Cólgate da vela'

Na presentación do proxecto 'Cólgate da vela'

O proxecto 'Cólgate da vela', posto en marcha pola Federación Galega de Vela en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, chega a Vigo para promover a vela en catamarán entre a xente nova.

Dentro do programa están dispoñíbeis 150 prazas para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos, que recibirán coñecementos técnicos e clases prácticas no mar. Os mozos e mozas sairán ao mar un día á semana, pola tarde, e o resto do tempo (nun curso que durará os meses de outubro, novembro e decembro) atenderán á parte teórica, na que estudarán o coñecemento e respecto ao medio mariño, o regulamento das regatas e os formatos das competicións.

A información sobre o proxecto repartiuse xa polos centros de Vigo, que poden inscribirse na web www.pasionplaya.com, ou no teléfono 984 446 060. O ano que vén 'Cólgate da vela' chegará á Coruña.

O obxectivo, apostar pola base
Á presentación do proxecto 'Cólgate da vela' asistiron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez; o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso; o responsábel do programa Punto Pasión Playa, Tono Teixeiro, e o director deportivo do programa, Jorge Maciel.

Na súa quenda de palabra, a máxima responsábel do Deporte Galego lembrou que Galiza conta coas mellores infraestruturas naturais -as rías galegas- para practicar deportes náuticos. Mais agora tamén se complementan con outras instalacións, como o Centro Galego de Tecnificación de Vela: "Hai só unha semana estabamos inaugurando o centro, e dentro deste edificio contamos cunha escola de vela que vén dar continuidade a estes proxectos de traballo coa base. Todo isto é unha planificación co obxectivo de ter representación galega en Londres 2012, despois do éxito acadado en Beixín con Fernando Echávarri e Antón Paz", destacou Souto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: