Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobe o paro

Setembro déixanos case 4.400 desempregados máis

O paro increméntase nun 2,88% no último mes e depara unha cifra de desempregados que ascende até as 156.834 persoas.

Redacción - 11:00 02/10/2008

O número de parados rexistrados no pasado mes de setembro en Galiza aumentou en 4.397 persoas, o que se traduce nun incremento do 2,88 % máis que en agosto. Así, a cifra de desempregados sitúase nos 156.834, segundo os datos do INEM, que este xoves deu a coñecer o Ministerio de Traballo.

Se nos fixamos na taxa interanual, o desemprego medrou nun 11,26% no noso país, unha cifra que, con todo, aínda dista das ofrecidas no Estado Español. Por provincias, a que liderou a subida do desemprego foi Lugo cun 4,52%, seguida de Pontevedra, cun 3,40%, A Coruña, 2,36% e Ourense cun 1,80%. Mentres, por sectores, o paro medrou en maior medida no sector servizos (en 2.876 persoas, un 3,43%), seguido da industria (en 611, un 2,52%), na construción (en 569, un 2,99%) e no colectivo sen emprego anterior (en 342, un 1,53%). Pola contra, baixou nunha persoa na agricultura (un 0,02%).

No Estado español o incremento foi 10 décimas superior, cunha suba do 3,77%. O número de parados supera xa amplamente os dous millóns e medio de persoas, xa que chega até os 2.625.368. Son as cifras máis altas dos últimos 11 anos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: