Os cativos británicos estarán protexidos das webs, o acoso escolar e a pornografía por un novo órgano de control de Internet creado polo Ministerio de Interior do Reino Unido.
A infancia estará máis protexida diante do ordenador
Concíbese como a coalición máis grande de organismos públicos e privados para salvagardar aos menores na rede global.
Así, ensinaralles cales son os potencias perigos, os sitios ilegais con contido perxudicial e establecerá un código de conducta para as páxinas que permitan aos usuarios colgar os seus vídeos ou mensaxes.
O Consello Británico para a Seguridade Infantil en Internet (UKCCIS) abordará tamén os xogos violentos e promoverá a responsabilidade publicitaria en liña.
Os 100 membros do UKCCIS, entre os que se atopan BT, Facebook, Google, Microsoft e Vodafone, informarán directamente ao primeiro ministro británico, Gordon Brown.
A decisión de crear este novo organismo veu dada polas presións para actuar máis en contra dos videoxogos violentos, o acoso escolar e os sitios web que amosan o suicido como algo atractivo.
FWWWRANDO