Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'A revolta'

Un milleiro de persoas pelexa para decidir o destino do Reino de Galiza

Esta fin de semana o exército Irmandiño tomou o castelo de Monterrei polas armas para loitar contra os abusos da caste feudal.

Redacción - 13:05 29/09/2008

Enviado pola Irmandade Xeral do Reino de Galiza, o exército dos Irmandiños tomou esta fin de semana o castelo de Monterrei para loitar contra as tropas do Arcebispo Fonseca e impedir que cheguen a Compostela para restabelecer o sistema feudal.

Na revolta deste ano, máis de 800 mozos e mozas loitaron cinco séculos despois metidos na pel dun irmandiño ou dun soldado nobiliario, enfrontados nunha guerra que decidiu o destino do Reino de Galiza. Irmandiños: A revolta vén de ser recentemente recoñecido como o xogo de rol ao vivo máis grande do mundo tras bater a marca no Guinness na pasada edición.

A recreación da Segunda Revolta Irmandiña, escrita e dirixida por 13negativo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, dependente de Vicepresidencia da Xunta, reviviu a Galiza do ano 1467, cando milleiros de labregos loitaron xuntos contra os señores feudais para defenderse dos abusos que levaban séculos padecendo.


4,47/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As tropas de Pimentel, Conde de Benavente, preparadas para a loita
As tropas de Pimentel, Conde de Benavente, preparadas para a loita
Turrando en dura lide
Turrando en dura lide
O castelo de Monterrei, en Ourense
O castelo de Monterrei, en Ourense