Os atletas que participaron nos Xogos de Beixín recibiron este venres en Pontevedra o recoñecemento ao seu traballo no peche da carpa 'Galiza, nos Xogos Olímpicos'.
Imaxe do acto
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, homenaxearon en Pontevedra os atletas paralímpicos do noso país. Ao acto acudiron Gustavo Nieves, Álvaro Illobre, Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez, mentres que Maxi Rodríguez tivo que ausentarse por motivos persoais.
Durante o acto, que coincidiu coa clausura da carpa Galiza, nos Xogos Olímpicos, Bugallo cualificou a estes deportistas como "un exemplo para moitas persoas", e salientou a boa acollida que tiveron as actividades realizadas na carpa, pola que pasaron máis de 16 mil persoas.
Pola súa banda, Pablo Cimadevila falou en nome dos deportistas, para mostrar o seu agradecemento agradecido polo apoio que tiveron. O nadador afirmou que cómpre continuar na liña na que se vén traballando nos últimos anos.