Pensan que o investimento en infraestructuras e I+D+i é "pouco ambicioso". Así o dixo Jorquera no Congreso, incidindo en que o executivo está "perseverando nos seus erros".
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, considerou "insuficientes" os incrementos anunciados en materia social no proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2009, e dixo ver "pouco ambiciosa" a aposta que fixo o goberno español en materia de infraestruturas e I+D+i para afrontar a crise.
Tras coñecer as contas públicas, Jorquera salientou que, nun contexto de crise económica, o aumento do porcentaxe en gasto social resulta "escaso" dado que nunha situación de recesión, débende impulsar, ao seu ver, políticas sociais, sobre todo para "aliviar a carga económica" ás clases sociais máis desfavorecidas. Neste sentido, dixo que este orzamento "non asegura" o financiamento necesario para un axeitado desenvolvemento da Lei de Dependencia.
Elaborando orzamentos sen asegurar os apoios
Jorquera tamén acusou o goberno español de incidir nos seus "erros" ao comezar a lexislatura sen procurar apoios para a investidura de José Luis Rodríguez Zapatero como presidente do executivo, e elevando agora ao Consello de Ministros o proxecto dos orzamentos, "sen ter conseguido previamente as maiorías parlamentarias que lle dean soporte".