Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO

Google paga por atopar ideas que poidan cambiar o mundo

Google, buscador hexemónico mundial, quere celebrar o seu décimo aniversario ofrecendo 10 millóns de dólares para apoiar ideas que poidan cambiar o mundo. É o "Proxeto 10 ao 100".

Redacción - 13:27 25/09/2008
O buscador celebra os seus primeiros 10 anos

O buscador celebra os seus primeiros 10 anos

A compañía norteamericana repartirá estes cartos entre as cinco mellores ideas que xurdan do "Proxeto 10 ao 100", un nome que se refire á suma numérica "gúgol" da que o buscador de internet tomou a súa denominación.

Segundo afirman dende Google, o proxeto é un intento de acadar os resultados máis intelixentes comezando de forma pequena pero escalando rapidamente para ter un gran impacto a longo prazo. Isto é, que se reflicte a meta que se puxeron os creadores do buscador no momento de crealo.

As ideas que gañen obterán o financiamento de Google, mentres que os que as presenten obterán "bo karma e a satisfacción de que a idea pode axudar a moitas persoas".

O límite para a presentación destas ideas é o 20 de outubro, e as 100 mellores propostas serán anunciadas o 27 de xaneiro. Logo os usuarios de Google determinarán os 20 finalistas, dos cales o consello asesor da compañía seleccionará os gañadores finais.

FWWWRANDO


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: